O vindeiro 12 de maio está prevista a inauguración da novena edición do  Festival Internacional de Xardíns de Allariz. Os operarios municipais están a traballar na construción das doce parcelas que baixo o lema “Os xardíns do Erotismo” integrarán a futura edición.

“Malia choiva a construción dos xardíns ten avanzado moito, sobre todo na realización, en taller, das estruturas que incorporan os deseños” explicaba o Alcalde, Francisco García.

Tamén se está a deseñar a programación que irá da man do evento, que permanecerá aberto dende maio ata novembro. O Festival de Bandas de Música, a celebración de exposicións florais e as actividades das Asociacións AGAEXAR e AGA, formarán parte, entre outras, da axenda do Festival Internacional de Xardíns de Allariz.

Xardíns de Cine

Ademais o rexedor revelaba o tema da décima edición do Festival Internacional de Xardíns de Allariz. No ano 2019 serán os “Xardíns de Cine” os que ocupen o recinto.Ata o 30 de novembro estará aberto o prazo para participar no concurso de deseños paisaxísticos.

Toda a información en www.allariz .gal/festival