A área de Igualdade de Allariz retoma o proxecto de dinamización rural “Mulleres compartindo”. Esta é unha iniciativa coa que se pretende achegar ao rural unha programación de actividades deseñadas con perspectiva de xénero e que fomente as relacións de apoio entre veciños e veciñas.

Estas son actividades variadas de estimulación cognitiva, creatividade, coñecemento e coidado persoal e social.

Nesta nova etapa participarán en “Mulleres Compartindo” as asociacións veciñais de San Mamede e San Vitorio. Serán sesións semanais de dúas horas de duración.

 

A área retoma, ademais, o programa radiofónico creado por e  para maiores “Vivir na Ziralla” . Este é un espazo dedicado ao debate e ao encontro das persoas maiores afondando nas súas inquedanzas. O programa emítese, en Radio Allariz, todos os martes de 11:30h a 13:00h.