A Casa da Mocidade acolle unha nova edición de Cursos de Animación 3D para a tempada 2017-2018

ANIMACIÓN 3D (Introdución ao Desenvolvemento de Películas de Debuxos Animados) vai dirixido a aquelas persoas que desexen introducirse no mundo da animación xerada por ordenador. Os seus contidos ofrecen unha visión de conxunto do software 3D e da produción de debuxos animados ademais do coñecemento en profundidade das ferramentas de traballo e o eido no que se desenvolven cinematograficamente.

O curso comeza en outubro e desenvolverase  ata o mes de xullo de 2018. Impartirase unha clase semanal de 3 horas e media de duración, en venres pola tarde ou sábado pola mañá. Estarán compostas de contidos teóricos e prácticos. A formación compleméntase cunha clase por video-conferencia  semanal durante a cal se resolverán dúbidas sobre exercicios prácticos e farase un seguimento dos proxectos persoais que alumnos e alumnas estean a desenvolver durante o curso.

Máis información: animacion3d@allariz.com