A Reserva da Biosfera Área de Allariz participou, xunto con outras catro, nun proxecto pioneiro para reunir os seus coñecementos prácticos e poñelos a disposición. Durante 2017 un equipo formado polos xestores e algúns técnicos das reservas participantes e un grupo de científicos traballaron en estreita colaboración para reunir e expoñer os coñecementos adquiridos na práctica do desenvolvemento sostible nas RBs de Allariz, Alto Bernesga, Montseny, Serra das Neves e Lanzarote.

O proxecto foi o resultado dun acordo entre as entidades responsables das cinco RBs e a Fundación Ramón González Ferreiro, de Allariz. Para o seu desenvolvemento contou co apoio da Fundación biodiversidade, do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente.

DiálogosRB.net é unha Rede de coñecementos da Rede Española de Reservas da Biosfera, representada nesta iniciativa polas cinco RBs citadas. Os seus resultados son aplicables non só nas 48 RBs españolas, senón tamén noutras moitas situacións onde se trata de aplicar criterios de sostibilidade ao desenvolvemento. De igual modo experiencias doutras RB poderían contribuír a completar os coñecementos reunidos en DiálogosRB.net. Agardando que nesta primeira etapa de DiálogosRB.net sexa o inicio dun largo camiño de sumar coñecementos dispersos para beneficio de todos os interesados.

A Rede de coñecementos de DiálogosRB.net estivo aberta a outros participantes externos que colaboraron voluntariamente. Ademais das 17 persoas integrantes do equipo participaron outras 38 persoas, aportando información sobre as experiencias, discutindo os temas propostos a debate ou aplicando os materiais do proxecto en actividades de prácticas docentes universitarias.

A pesar das diferenzas de detalle entre as cinco experiencias estudadas hai compoñentes transversais que son de aplicación a todas ou a varias delas e, de igual xeito, son extensibles a outras RBs e outros lugares. Os resultados estarán dispoñibles a partir do 15 de febreiro en dialogosrb.es ou en dialogosrb.net.