A federación galega de piragüismo en colaboración co Concello de Allariz e club de piragüismo Fluvial de Allariz, organizou a pasada fin de semana dous cursos de árbitros auxiliares de piragüismo para as especialidades olímpicas de augas tranquilas e slalom en Allariz.

Os cursos tiveron lugar na aula da area de promoción de emprego do Concello de Allariz e foron inaugurados pola concellería de deportes de Allariz, Elena Suárez, conseguindo superar as probas un total de 17 novos árbitros (12 de Ourense e 5 de Lugo), que veñen a paliar o déficit de árbitros de piragüismo nestas provincias.

Os cursos foron dirixidos dirixidos por Darío Tiago presidente do comité galego de árbitros de piragüismo ca coordinación do árbitro ourensán de categoría nacional José Manuel Fernández.