A Escola de Cestería reabre, en Santa Mariña de Augas Santas, con novos cursos

O Concello de Allariz reabrirá a Escola de Cestería, en Santa Mariña de Augas Santas, no vindeiro mes de febreiro.  O espazo formativo municipal acollerá obradoiros de cestería ata o mes de xullo que serán impartidos polo artesán bolés Sergio Moreno.

Outro obxectivos da reapertura da Escola é o de levar a cestería máis alá de Santa Mariña impartindo cursos noutras aldeas do Concello de Allariz.

As persoas interesadas en aprender este oficio tradicional poden informarse e inscribirse na Casa da Cultura de Allariz, no teléfono 988440859 ou no email cultura@allariz.com. Os cursos celebraranse os xoves e venres a partir das 16:00h.

2018-01-25T10:30:07+00:00miércoles, 17/01/2018|FORMACIÓN, NOVAS ALLARIZ|
X