O vindeiro martes, 29 de maio, roldarán, por todo o Estado, cinco millóns e medio de cupóns da ONCE dedicados á Festa do Boi de Allariz.

O delegado territorial da ONCE en Galicia, Manuel Martinez Pan, achegouse esta mañá ata Allariz para entregar unha réplica do cupón ao Concello de Allariz e a Asociación C. Xan de Arzúa “rendendo un tributo a unha tradición con tanto arraigo en Galicia.”

A iniciativa, cortesía da fundación ONCE, permitirá divulgar a Festa do Boi de Allariz que, segundo explicaba o Alcalde Francisco García,  “un evento polo que todos os veciños e veciñas estamos agardando e que é  motivo de cohesión social, identidade e, ademais, dinamización económica para a vila”,