O Festival Internacional de Xardíns de Allariz retrasa o seu peche ata o día 1 de novembro

O Festival Internacional de Xardíns de Allariz retrasa o seu peche ata o día 1 de novembro por coincidir coa festividade de Todos os Santos.

Os visitantes que se acheguen a Allariz poderán gozar dos Xardíns da Memoria ata o día 1 de novembro. Son doce propostas das cales oito concursan polo voto do público visitante. Outra parcela está deseñada polos nenos e nenas do colexio Padre Feijóo de Allariz e a última polo xardín máis votado do ano anterior. Foron deseñadas por arquitectos e paisaxistas de Galicia, Brasil, Austria, Polonia, México, República Checa, España ou Italia.

2017-11-02T11:27:00+00:00 lunes, 16/10/2017|ACTUAIS, FIXA, NOVAS ALLARIZ|
X