O Festival de Xardíns de Allariz dedicado á Memoria bate récord de visitas durante o verán

O Festival de Xardíns de Allariz bate o récord de visitas no que vai de verán. Cando comeza o mes de agosto o Festival de Xardíns de Allariz suma máis de 17.000€ de ingresos en entradas. O mes de xullo foi, ata o de agora, o mes que rexistra maior número de vistas con máis de 6.500€ ingresados.

O Festival Internacional de Xardíns de Allariz constitúe un dos principais reclamos turísticos de Allariz e as súas edicións consolidan o evento como referente tanto para o público especializado, profesionais do sector, e visitantes que se achegan a ver os xardíns, ano a ano.

O Festival acolle,a demais, dentro da súa programación, actividades relacionadas co ámbito como a, prevista, asemblea xeral da Asociación Galega de Empresas de Xardinería así como outras actividades lúdicas e culturais como o Festival de Bandas de Música.

Tema 2018 “O erotismo no xardín”

Ata o día 30 de novembro permanecerá aberto o prazo para presentar os deseños da vindeira edición baixo o título de “O erotismo no Xardín”.

Toda a información en www.allariz.gal/festival

2017-08-04T10:28:10+00:00 viernes, 04/08/2017|ACTUAIS, FIXA, NOVAS ALLARIZ|
X