O pleno da corporación municipal reunirase de xeito extraordinario mañá, venres ás 20:30h, cun único punto na orde do día: a renuncia ao cargo de alcalde.
Francisco García confirmaba a pasada semana, ante os medios de comunicación, a súa renuncia á alcaldía do Concello de Allariz. Os motivos desta decisión pasan pola necesidade de lograr un relevo xeracional despois de 18 anos no cargo. O relevo vén da man de Cristina Cid que será a primeira muller en liderar a alcaldía local.