A Fundación Vicente Risco de Allariz acolle, este sábado 29 de outubro, unha nova edición das Xornadas sobre Romasanta centradas no sistema penitenciario en tempos de Romasanta.

A Xornada comezará coa inauguración ás 11:00h a cargo do fiscal de Patrimonio, Antonio Roma Valdés. A continuación intervirá Celia Pereira Porto, doutora en Dereito, e falará sobre a labor de Concepción Arenal na humanización do sistema penal español. Ás 13:30h, presentarase a primeira serie de relatos sobre Romasanta “Contos do Sacauntos. Romasanta o criminal”, editado por Urco Editora en colaboración coa Fundación Vicente Risco.

Pola tarde continúan as actividades, a partir das 17:00h, coa conferencia de Juan Antonio Porto, descendente directo do avogado de Romasanta, Rúa Figueroa, e guionista de “El bosque del lobo” ou “El crimen de Cuenca”. O escritor José Rosillo clausurará as xornadas coa presentación da novela “Romasanta. La leyenda del hombre lobo”.