Humana Fundación Pueblo para Pueblo, organización que promove a protección do medio a través da reutilización de téxtil e leva a cabo programas de cooperación en África, América Latina e Asia, recuperou 16.272 kg de téxtil usado en Allariz durante o ano 2017.

As doazóns representan un aumento do 19,33% respecto ao ano anterior confirmando a fidelidade da cidadanía cara un modelo de xestión do residuo téxtil con fin social.

As prendas recollidas proceden dos catro contedores que Humana ten situados na vía pública, onde a cidadanía deposita a roupa, calzado e complementos e o téxtil de fogar que xa non utiliza para que Humana lles dea unha segunda vida. O obxectivo pasa porque a recollida selectiva de roupa usada e a súa preparación para a reutilización se consoliden como parte fundamental da xestión de residuos.