O Museo do Coiro acollía o pasado mércores, 14 de xuño, a reunión do xurado do concurso “700 anos da Festa do Boi”, formado por Antonio Blanco Rodríguez, membro da Asociación Cultural Xan de Arzúa, os artesáns Ernesto Sánchez Bibrián e  Nelson Gómez Callejas e Juan Antonio Seara Ferro, técnico de cultura.

A Festa do Boi é unha manifestación cultural que se mantén en Allariz dende fai VIII séculos. De orixe medieval recorda ás disputas  sociais entre xudeus e cristiáns no ano 1317 aínda que hoxe en día representa un vínculo de unión social e un compromiso coas raíces, na que a música, as danzas tradicionais e os gremios, ademais das famosas “carreiras do Boi” son parte de esta festa.

Xunto co voto emitido polos visitantes que se achegaron á exposición “700 anos da Festa do Boi” , do 3 ao 11 de xuño no Museo, o xurado valorou as diversas pezas presentadas resolvendo o seguinte:

Conceder  o terceiro premio de 200€  foi para a peza foi “Os Curtidores” de Miriam Campomar, o segundo premio  de 300€ foi para a peza “O Boi, un cadáver exquisito” dos alumnos de primeiro curso da especialidade de coiro da escola EMAO de Vigo, o primeiro premio de 400€ alcanzouno a peza “DCC ANNI” de José Villar.

Ante a calidade das pezas presentadas decidiuse por unanimidade conceder un accésit de 100 € á peza que leva por título “Boi” de Michael Nadeau.