Allariz celebra o Nadal coa oferta dunha programación chea de actividades para todos os públicos.

Entre o 18 de decembro e o 8 de xaneiro os alaricanos e visitantes poderán participar d concertos musicais, monólogos de humor e actividades deportivas como “a derradeira solidaria”.

Ademais, o pavillón do IES de Allariz acollerá unha nova edición do NadalParc. Os máis pequenos poderán divertirse nos inchables, nas zonas de xogo e no espazo reservado para as novas tecnoloxías.

nadal-2016-allariz