A  Casa da Mocidade do Concello de Allariz  convoca, de novo, o CURSO DE INTRODUCIÓN  Á   EDICIÓN  DE  VÍDEO  CON  BLENDER.

O curso impartirase os sábados en horario de 10:00h a 13:30h durante o mes de novembro. Os asistentes aprenderán a editar, con Blender, de maneira  amena os seus propios clips de vídeo a partir das gravacións de cámaras ou dispositivos móbiles  e subilos á rede; crear películas  a partir de fotografías, encadenalas, engadirlles música, voces e efectos de son; superpoñer á imaxe textos e overlays; inserir  cabeceiras e títulos de crédito para presentar proxectos; engadir transicións e efectos e converterse nun director de cinema aplicando sinxelos conceptos de linguaxe audiovisual.

Máis información no teléfono 615 39 58 71 ou no correo animacion3d @allariz.com