Novo prazo de inscrición no curso de Animación 3D

Ábrese un novo prazo para apuntarse ao Curso ANIMACIÓN 3D (Introdución ao Desenvolvemento de Películas de Debuxos Animados) . Dirixido a aquelas persoas que desexen introducirse no mundo da animación xerada por ordenador, os seus contidos permiten unha visión de conxunto do software 3D e da Produción de Debuxos Animados e un coñecemento en profundidade das ferramentas de traballo e o ámbito no que se desenvolven cinematograficamente.

Impartirase una clase semanal de 3 horas e media de duración, en venres pola tarde ou sábado pola mañá. . A formación compleméntase cunha clase por video-conferencia semanal durante a cal se resolverán dúbidas sobre exercicios prácticos e farase un seguimento dos proxectos persoais que alumnos e alumnas estean a desenvolver durante o curso.

Máis información: animacion3d@allariz.com

2017-11-15T13:04:22+00:00 viernes, 20/10/2017|ACTUAIS, FORMACIÓN, NOVAS ALLARIZ|
X