A brigada municipal está levando a cabo a reforma da entrada da Alameda.  O aceso está sendo obxecto de intervención co obxectivo de mellorar a seguridade viaria, revalorizar o espazo e solucionar problemas do pavimento así como de “dignificar a entrada á Alameda e quede incorporado como espazo público.”

O proxecto foi aprobado cun orzamento de 4.000 euros que consiste no acondicionamento e recollida das augas pluviais e a colocación de adoquín “seguindo a estética da intervención realizada na rúa Emilia Pardo Bazán”.