O Museo do Coiro, ubicado na antiga fábrica de curtidos da Familia Nogueiras, acollerá unha nova edición das “Xornadas dos Oficios do Coiro” que se desenvolverán do 4 ao 8 de maio.

Artesáns e artistas do coiro de Galicia e do resto do Estado participarán nos obradoiros deseñados para poñer en valor os oficios de transformación  centrados, nesta edición, nas técnicas decorativas ou artísticas.

As xornadas, segundo explica o alcalde Francisco García, “pretenden ser unha referencia para os profesionais , artesáns e artistas do coiro”.

A apertura da mostra “Do Paramento ao Guadamecil” do cordobés Juan García Olmedo  inaugurou a programación da Sala A Paneira. A partir do día 28, a oferta ampliarase coa colección de “Caperuzas de cetrería”, de José Luis Fernández Teijeiro, no Museo do Coiro e entre o 4 e o 8 de maio, desenvolveranse as actividades enmarcadas nas xornadas cos obradoiros sobre guadamecil tradicional, moldeado en húmido, elaboración de caperuzas para cetrería e intervención colectiva.

Como novidade, este ano, a programación inclúe un obradoiro participativo para nenos e nenas e a instalación dun mural colectivo. Ademais, durante a fin de semana haberá un mercado de pezas, ferramentas e produtos no patio do museo.

Programa de mano Jornadas Cuero 2016 Interior