O pleno da corporación municipal reunirase o venres, 2 de decembro, ás 20:00h para celebrar sesión extraordinaria.

A orde do día céntrase na moción presentada polo BNG de oposición á LOMCE e ás súas reválidas e outra , presentada polo PP, sobre os procesos de regularización, valores catastrais e recadación polo Imposto sobre Bens Inmobles.

Para rematar haberá quenda de rogos e preguntas