O pleno da corporación municipal reunirase o vindeiro luns, 10 de setembro, a partir das 20:00h.

A sesión extraordinaria foi convocada a petición dos pais e nais do colexio Padre Feijóo de Allariz que solicitan unha nova aula para alumnos e alumnas de tres anos que na vindeira semana comezarán cuarto de infantil.  O obxectivo do pelno pasa por que a corporación local se posicione oficialmente sobre a petición dunha terceira aula para atender aos 51 nenos e nenas matriculados no centro.

Escrito colectivo Pro Terceira Aula