O pleno da corporación municipal reúnese o xoves, día 12 de xullo, en sesión extraordinaria a partir das 20:00h.

O pleno debaterá, entre outros, a toma de razón da sentenza firme ditada polo Xulgado de Primeira Instancia nº1 de Ourense no procedemento promovido por dona Trinidad Camba Campos contra dona Adela Camba Piñeiro e contra o Concello de Allariz sobre nulidade contractual que afectaba á titularidade pública da Casa Cuartel da Garda Civil. Por outra banda, o pleno tamén tomará razón da orde ditada pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio pola que se aproba con carácter definitivo a modificación puntual número 5 do Plan Xeral de Ordenación municipal de Allariz en Casnadagaia. E por último, aprobarase, se procede, a Conta Xeral 2017.

Para rematar haberá quenda de rogos e preguntas.