O Programa RE, programa piloto de reciclaxe de residuos orgánicos, desenvolvido polo Concello de Allariz, centrará a programación do “6º Seminario sobre compostaxe doméstica e comunitaria” que terá lugar en Pontevedra os días 20 e 21 de outubro.

O alcalde, Francisco García, xunto con Bernardo Varela, concelleiro de medio ambiente,  exporán a experiencia alaricana coa posta en marcha do programa RE de reciclaxe de residuos orgánicos e, o venres, os máis de cen participantes no seminario, coñecerán de primeira man o programa cunha visita a Allariz.

 

programa-seminario-composta-en-red