O Xurado do Festival Internacional de Xardíns de Allariz reuniuse, esta mañá, para seleccionar os 10 xardíns que formarán parte da sétima edición do Festival Internacional de Xardíns de Allariz adicado aos Xardíns do Futuro.

O xurado, presidido polo prestixioso paisaxista portugués, Francisco Caldeira Cabral, e composto por Francisco García, Alcalde de Allariz, Bernardo Varela, Concelleiro de Medio Ambiente, Celestino Feijóo, aparellador municipal e os paisaxitas Elsa Severino, José Crespí, representante da Asociación Española de Paisajismo, e Teresa Vicente Franqueira, presidenta da Asociación de Graduados en Paisaxismo, elixiu 10 propostas máis dúas suplentes. O recinto formado por 12 xardíns será ocupado ademais polo gañador da pasada edición “A la IMAGINE de Allariz” do paraguaio Gabriel Ayala e  a proposta didáctica que elaborará o Colexio Padre Feijóo de Allariz .

As propostas seleccionadas seguiron criterios obxectivos, segundo explicaba o presidente do xurado Caldeira Cabral “harmonía entre criterios estéticos e técnicos, creatividade e innovación ademáis da forma práctica de executar os xardíns”. Foi Cabral o encargado de desvelar os xardíns que formarán parte do VIII FIXA.
acta.xuradoFIXA.16_Página_1

O Alcalde pola súa parte agradecía o traballo e esforzo que realizaron todas as persoas que presentaron a súa proposta destacando a calidade dos proxectos e a participación de paisaxistas internacionais.

Ata mediados de xaneiro os autores seleccionados deberán entregar o proxecto técnico, mentres a brigada municipal encargarase da desmontaxe dos xardíns actuais para que no vindeiro ano estea todo listo para comezar coa execución dos novos proxectos. O Alcalde adiantaba que a data de apertura do VIII F.I.X.A. será o 13 de maio.

TEMA VIII EDICIÓN
A oitava edición do Festival de Xardíns de Allariz levará por título “Xardíns da Memoria“. O tema celebra o 700 aniversario da Festa do Boi, e permite evocar a antigüidade coa arte no Xardín. Ata o 30 de novembro de 2016 estará aberto o prazo para presentar as novas candidaturas para o ano 2017.