Hoxe presentouse en Allariz a carreira de obstáculos OCR vila de Allariz que terá lugar o 20 de maio.

Helena Suárez Concelleira de Deportes destacaba esta mañá a importancia da proba, que volverá a contar coa colaboración do Concello de Allariz para o desenvolvemento da mesma.

Nesta terceira edición mudouse algunha parte de percorrido para os/as participantes podan contar cos espectadores.

foto.presentacion OCR
Manuel Blanco, director da proba organizada por Fusión Fitness fixo unha descrición da proba, serán 9, 5 Qms. con 30 obstáculos, que contará con dúas modalidades, unha de élite, clasificatoria para o campionato europeo e que contará con atletas de toda a xeografía, segundo as normas que estableza a federación. Así mesmo a carreira contará cunha modalidade popular na que poderá participar calquera persoa.

A carreira sairá da piscina municipal, pola marxe esquerda do río Arnoia, pasando polo Briñal, o Campo do Seixo e Camping e volverá pola marxe dereita do río ata a piscina, un percorrido privilexiado pola Reserva da Biosfera Área de Allariz.

Hoxe ábrese o prazo de inscrición que se deberán facerse en championchipnorte.com.

» Aceso á web de inscricións