O Concello de Allariz colabora coa Asociación Deportiva e Cultural OCR Allariz na celebración, o vindeiro 28 de abril, da cuarta edición da carreira de obstáculos OCR Allariz.

A proba contará con algunha modificación no percorrido e nas distancias para adaptarse á queda popular e competitiva. A competitiva terá unha distancia de 11 kilómetros e constará de 38 obstáculos, e os populares, que tamén poderán escoller a modalidade competitiva, poden optar polos 6 kilómetros e 24 obstáculos.

A carreira desenvolverase totalmente no entorno natural de Allariz con diversos obstáculos á beira do Arnoia. “Haberá unha zona de obstáculos na zona do Castelo, o que engadirá un plus de espectacularidade á proba”, destacaba Manuel Blanco, director deportivo da OCR Allariz.

O prazo de inscricións estará aberto ata o 22 de abril de 2018 ou ata que se complete o número de prazas dispoñibles. Estas deberán ser formalizadas a través da páxina https://www.spoortan.com/carreras-de-obstaculos/ocr-allariz/5#prettyPhoto