Acompañados pola Policía Local de Allariz e portando un boletín simbólico de multas, os nenos e nenas que participan no programa Concilia Verán de Allariz (de 8 a 10 anos) participan esta mañá nunha actividade de concienciación de seguridade vial, organizada polo concello de Allariz.

A coordinadora do departamento de Seguridade Vial da Dirección Xeral de Tráfico de Ourense e a Alcaldesa de Allariz, Cristina Cid, foron testemuñas do traballo da patrulla infantil de policía no seu percorrido pola estrada Emilia Pardo Bazán, na que os nenos e nenas, ademais de sancionar a quen infrinxe as leis de seguridade vial, tiveron a oportunidade de axudar a turistas perdidos, tomando conciencia da necesaria mobilidade sostible e segura.