O pleno da corporación municipal reunirase, o luns 5 de xuño, en sesión extraordinaria con carácter urxente.

A partir das 13:30h o pleno debaterá a aprobación das adendas aos contratos de préstamo subscrito con Caixabank e Banco Santander, respectivamente, no nome e representación do ICO que actúa por conta do Estado e con cargo ao Fondo de Financiación a Entidades Locais modificando o período de amortización e establecendo un período adicional de carencia.

O pleno será retransmitido, en directo, pola radio local Radio Allariz.

Na Sede Electrónica podes consultar a orde do día

http://allariz.sedelectronica.gal/transparency/d1610e88-a0e5-48e9-b71a-9b6e08661ac9/

Tamén podes consultar as actas dos plenos anteriores