O pleno da corporación municipal reúnese o venres, 29 de setembro, en sesión ordinaria.

A partir das 20:00h o pleno debaterá a adhesión ao convenio marco de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas de Galicia e as entidades xestoras dos sistemas integrados de xestión de residuos de aparatos eléctricos e electrónicos así como aprobará, se procede, os festivos locais do vindeiro ano.

A orde do día tamén inclúe varias mocións presentadas polos tres grupos políticos. O BNG insta o establecemento dun Plan Único de Investimentos e Servizos para os concellos de menos de 20.000 habitantes por parte da Deputación Provincial e solicitará o mantemento do servizo de albergue do Camiño de Santiago no Convento de Santa Clara.

A moción presentada polo PsdeG-PSOE  ten relación coa distribución obxectiva  e transparente do Plan único para os concellos por parte da Deputación Provincial. E, pola súa parte, a moción popular ten que ver coa ocupación ilegal de inmobles.

Finalmente haberá quenda de rogos e preguntas.