O pleno da corporación municipal reunirase este venres

O pleno da corporación municipal reunirase este venres, 28 de xullo, a partir das 20:00h para celebrar sesión ordinaria.

A orde do día centrarase na aprobación definitiva da conta xeral 2016 así como na aprobación dun expediente de modificación de créditos por transferencias entre partidas de distintos capítulos para cumprimento de sentencia xudicial que ten a ver coa sentencia ditada polo TSXG por danos ocasionadas na festa do boi 2008. O pleno tomará razón e acordo de fraccionamento apra o cumprimento do devandito fallo xudicial.

Así mesmo a corporación debaterá a adxudicación provisional dos contratos de compravenda no parque empresarial de Chorente e o BNG presentará unha moción a prol do Medio Rural no Concello de Allariz e pola parte do partidos socialista varias moción sobre a rehabilitación de vivenda e axudas ao transporte público en Allariz.

Para rematar haberá quenda de rogos e preguntas.

2017-08-04T10:18:38+00:00 miércoles, 26/07/2017|ACTUAIS, ADMINISTRACIÓN, NOVAS ALLARIZ|
X