Allariz celebra unha nova edición das Festas Etnográficas, na que os veciños e veciñas de Queiroás da Igrexa e Seoane, recrean ao longo do verán, as labores relacionadas coa elaboración do pan de xeito tradicional.

As festas darán comezo, esta fin de semana, coa escenificación, en Queiroás da Igrexa, da tradicional seitura, onde tamén se representará a malla no vindeiro mes de agosto. O ciclo continúa no Muíño do Burato para realizar a moenda e por último, á Torre de Seoane, onde ten lugar a fornada. Aquí sairá o pan acabado de cocer ao estilo tradicional.