Esta fin de semana, 27 e 28 de agosto,  Allariz ten unha nova cita co mundo da cestería. Santa Mariña de Augas Santas acolle a sétima edición do Encontro de Cesteiros.

O programa arrinca o sábado 27, ás 18:30h, cun paseo arqueolóxico dende a Escola de Cestería ata o Castro de Armea.  O domingo 28 están previstos varios obradoiros de cestería así como tamén haberá postos de exposición e venda. Ás 11:45h a Banda Unión Musical de Allariz amenizará a festa e a partir das 14:00h celebrarase un xantar popular. Para participar é preciso recoller os bonos, antes do día 25 de agosto, na Casa da Cultura ou no local da asociación veciñal de Santa Mariña de Augas Santas.

 

CARTAZ 2016CARTAZ COMIDA