Segunda edición, en Allariz, do Festival de Arte da Ilustración “Allariz Debuxado”

Allariz acolle os días 26 e 27 de xaneiro a segunda edición do Festival da Arte da Ilustración “Allariz debuxado”.

A inauguración terá lugar o venres ás 12:00h e contará co relatorio de Celsius Pictor. O ilustrador exporá a mostra “As doce probas de Heracles” na Galería Circular. Pola tarde, ás 17:00h, está prevista a mesa redonda “A aventura de publicar o primeiro libro” con Jorge Campos, Mariana Aravena, Lidia Noko Noko, Xulio Pisón e Sonia García Vidal.  María Pascual de la Torre pechará a primeira xornada.

A programación continúa o sábado ás 11:00h co relatorio de Víctor Coyote e , de 12:00h a 18:00h, celebrarase a “Feira da Ilustración” na Praza da Torre Lombarda, onde veciños e visitantes poderán adquirir produtos e libros ilustrados ademais de gozar de animación urbana.

Ademais, no Espazo BenComún, terán lugar presentacións e sinaturas de exemplares así como conversas entre ilustradores e afeccionados. O relatorio de Juan Berrio porá, ás 18:00h, o broche final á segunda edición do festival.

 

2018-01-29T13:43:55+00:00jueves, 18/01/2018|ACTUAIS, EVENTOS, NOVAS ALLARIZ|
X