O Concello de Allariz, a través da concellería de Promoción Económica, Comercio e Turismo, organiza por segundo ano consecutivo o Mercadiño do Libro Velllo, enmarcado dentro do programa Semana Santa ao Vivo e contribuíndo á dinamización cultural.

O Mercadiño celebrarase na Praza Maior de Allariz, o sábado 31 de marzo, en horario de 11:00h a 20:00h. Con carácter xeral poderán participar no mercado todas as persoas interesadas, maiores de idade, a título particular que queiran expoñer e vender os seus produtos sempre que se trate de artigos de segunda man (libros ou discos). Ademais reservarase un número de postos definido para librarías ou tendas de música que desexen expoñer os seus produtos descatalogados.

A solicitude estará dispoñible na páxina web do Concello de Allariz www.allariz.gal/xornal   Dita solicitude deberá remitirse ao Centro de Promoción Económica a través do correo electrónico participa@allariz.com ata o 6 de marzo de 2018.

BASES DE PARTICIPACIÓN MERCADIÑO LIBROS E MÚSICA

INSCRICIÓN MERCADIÑO