Preto de 43.000 persoas foron atendidas na Oficina de Información Turística durante o ano 2017 e máis de 8.000 visitaron Allariz con Reatur.

Segundo os datos recollidos, durante o ano 2017, un total de 42.967 visitantes foron atendidos na oficina de información turística de Allariz. “Seguindo as estatísticas de que só un 15-20% dos visitantes entran nas oficinas de turismo, o resultado de visitas a Allariz durante o 2017 sería moito maior” explicaba a tenente de Alcalde, Cristina Cid.

O turismo comercial e de consumo así como os eventos municipais permiten alcanzar estas cifras de visitantes ademais de manter o interese pola vila.

Os visitantes proceden da comunidade e tamén do resto do Estado. O “boca a boca”, segundo explica o técnico da oficina de turismo, é a mellor publicidade para Allariz.