O proxecto Sancti Salvatoris, levado a cabo no xacemento de San Salvador, en Allariz, será obxecto dun simposio, os días 4 e 5 de maio, na Facultade de Historia de Ourense.

O proxecto iniciouse no ano 2016, dentro dos programas de investigación do Campus de  Ourense, coa colaboración do Concello de Allariz, co obxectivo de estudar o xacemento altomedieval  ao que se denomina Castelo de Malpaso ou Castelo de Mouresiños.  Nos anos 2016 e 2017 leváronse a cabo campañas arqueolóxicas neste lugar e os seus resultados serán expostos no simposio universitario no que participaran especialistas como a doutora Caterina Tente, da Universidade Nova de Lisboa, o doutro José Carlos Sánchez Prado, da USC, José María Tejado, da Universidade do País Vasco ou Iván Muñiz e Alejandro García, da Universidade de Oviedo.

O simposio acollerá, ademais, unha visita ao Castelo de Malpaso en san Salvador dos Penedos, en Allariz.