A piscina municipal de Allariz incorpora un novo sistema de acceso mediante aplicación móbil

A piscina municipal de Allariz ven de modernizar o seu sistema de acceso ás instalacións coa implantación dunha aplicación móbil, dispoñible tanto para dispositivos Android como iOS. O novo método busca facilitar a entrada dos usuarios e mellorar a xestión do servizo. Para comezar a utilizala, as persoas usuarias só teñen que descargar a app Provis Keypass, buscar o centro deportivo de Allariz e introducir o seu correo electrónico, no que recibirán automaticamente o código de acceso persoal. Desde o Concello lembran que, no caso de que o usuario non teña o seu email actualizado na ficha de cliente, deberá comunicalo previamente para poder completar o proceso. A implantación desta ferramenta dixital forma parte do compromiso municipal por avanzar nun modelo de instalacións máis áxil, cómodo e adaptado ás necesidades actuais. Na propia publicidade do servizo inclúense códigos QR que permiten descargar directamente a aplicación en cada sistema operativo, facilitando así a posta en marcha do novo acceso. Co cambio de acceso, a piscina municipal dá un paso máis cara á modernización e mellora da experiencia dos seus usuarios.
Concello de Allariz
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.