Aberto o prazo para participar nas escolas deportivas municipais

O Concello de Allariz, a través da súa Concellaría de Deportes, pon a disposición da cidadanía a oferta de actividades deportivas para a tempada 2026/2027.

Desde o 1 de setembro, e durante todo o mes, permanece aberto o prazo de inscrición, con opcións tanto para persoas adultas como para a cativada. As nenas e nenos contarán cunha ampla variedade de disciplinas que inclúen fútbol e baloncesto, así como piragüismo, natación, equitación e kung-fu. De cara a outubro, organizaranse as escolas predeportivas para as e os máis pequenos; as inscricións aínda non están abertas, informaremos cando sexa posible formalizalas.

No referente ás escolas deportivas municipais de fútbol e baloncesto, as familias interesadas deberán informarse e formalizar a inscrición no club correspondente: para fútbol no CD Allariz (no Seixo) e para baloncesto no Pavillón Municipal a través do CB Allariz. O piragüismo xestionarao o Club Fluvial Allariz e a actividade de equitación a Hípica de Allariz.

Igual que en anos anteriores, no Complexo Deportivo de Vilanova impartiranse cursos para persoas abonadas. A oferta para persoas adultas inclúe natación (iniciación e perfeccionamento), aquagym, ioga, pilates, zumba e adestramento funcional.

Para solicitar máis información ou tramitar as inscricións, pódese contactar coa Piscina Municipal no teléfono 988 442 083 ou no correo electrónico piscina@allariz.gal.



Concello de Allariz
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.