Aula de espera

Prazo de presentación de solicitudes será a partir do día 28 de abril ata o 30 de xuño de 2026.

SERVIZO COMPLEMENTARIO DE CONCILIACIÓN AULA DE ESPERA

1. Obxecto.
A Aula de Espera constitúe un servizo público destinado a facilitar a conciliación da vida familiar e laboral das familias.
Neste servizo desenvólvense as funcións de atención e coidado dos e das menores fóra da xornada ordinaria do centro escolar, actuando como soporte e apoio as familias e contribuíndo á conciliación.

2. Persoas beneficiarias.
Poderán acceder a este servizo as persoas que teñan fillos ou fillas escolarizados no CEIP Padre Feijoó de Allariz durante o período escolar comprendido entre 4º de
Educación Infantil e 6º de Educación Primaria.
Distínguense dous tipos de persoas beneficiarias:
a) Habituais: aquelas que utilizan o servizo de maneira continuada ao longo do
curso.
b) Non habituais: aquelas que fan uso do servizo de forma puntual nun día concreto, sempre que exista unha causa xustificada.

3. Requisitos das persoas solicitantes.
1. Que as e os menores estean escolarizados no CEIP Padre Feijoó de Allariz
durante o período escolar comprendido entre 4º de Educación Infantil e 6º de
Educación Primaria.
2. Que as persoas proxenitoras ou titores legais estean a desenvolver unha
actividade laboral ou profesional remunerada, ou ben cursando estudos, e
xustifiquen a imposibilidade de atender aos seus fillos ou fillas no horario
establecido para a prestación do servizo.
3. Que, no caso de que as persoas proxenitoras ou titores legais se atopen en
situación de baixa por enfermidade, acrediten igualmente a imposibilidade de
atender aos seus fillos ou fillas durante o horario de prestación do servizo.

4. Solicitudes.
A solicitude para acceder ao servizo deberá formalizarse mediante o formulario
normalizado que figura como “Anexo III”.
Estará dispoñible nas dependencias dos Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Allariz, e na páxina web municipal (www.allariz.gal).

5. Documentación complementaria necesaria para a tramitación da solicitude.
5.1. As persoas interesadas deberán achegar, xunto coa solicitude, a seguinte
documentación:
a) Anexo III-BIS, debidamente cuberto e asinado, no caso de nenos ou nenas
matriculados en Educación Infantil.
b) Copia da sentenza de nulidade, separación ou divorcio, ou da resolución xudicial que estableza as medidas paternofiliais respecto dos fillos e fillas comúns nas unións de feito e/ou do correspondente convenio regulador, de ser o caso.
c) Certificado de monoparentalidade expedido pola Dirección Xeral de Familia,
Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social, de ser o
caso.
d) Copia da declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF)
correspondente ao exercicio anterior á data da solicitude das persoas que integren a unidade familiar.
e) Certificado de retencións correspondente ao exercicio anterior á data da
solicitude, no caso de non presentar a declaración da renda.
f) Certificado da empresa que acredite a situación laboral e a incompatibilidade
horaria co horario de prestación do servizo, no caso de persoas traballadoras por
conta allea.
g) Copia do certificado de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos, no caso de persoas traballadoras por conta propia.
h) Copia do título de familia numerosa expedido pola administración competente, de ser o caso.
5.2. As persoas interesadas serán responsables da veracidade da documentación
presentada.

6. Número de prazas ofertadas.
O servizo de Aula de espera oferta 60 prazas para o curso 2026/2027.

7. Prazo de presentación das solicitudes e publicación das solicitudes
admitidas.
O prazo de presentación das solicitudes iniciarase o28 de abril de 2026 e
permanecerá aberto ata o 30 de xuño de 2026. Unha vez finalizado o prazo de
presentación de solicitudes, poderanse seguir admitindo solicitudes ata o remate do curso escolar 2026-2027, sempre que o número de nenos e nenas usuarios do
servizo non supere o límite máximo de sesenta (60) prazas.
A listaxe provisional de persoas admitidas publicarase o 10 xullo de 2026 na páxina web do Concello de Allariz (www.allariz.gal). Por motivos de protección de datos, non se facilitará a relación de datos persoais; cada solicitude identificarase
exclusivamente co número de rexistro de entrada correspondente.

8. Lugar para a presentación das solicitudes.
De conformidade co disposto no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do Procedemento
Administrativo Común das Administracións Públicas, as solicitudes poderán
presentarse a través da sede electrónica do Concello de Allariz
(https://allariz.sedelectronica.gal/) ou de forma presencial nas dependencias dos
Servizos Sociais Comunitarios – Fogar dos Maiores, do Concello.

9.Procedemento de concesión de prazas.
A concesión de prazas efectuarase entre as solicitudes presentadas que cumpran os requisitos establecidos no punto 3 do presente documento.
No caso de que o número de solicitudes supere o número de prazas ofertadas,
procederase á comparación e prelación das solicitudes tomando como criterio
principal a capacidade económica da unidade familiar, priorizando as familias con menor renda per cápita.
As solicitudes non admitidas pasarán a formar parte dunha lista de agarda.
Unha vez finalizado o prazo de presentación de solicitudes de novo ingreso, as
solicitudes presentadas fóra de prazo incorporaranse tamén á lista de agarda. A
asignación de prazas realizarase en función da orde de inscrición e da
dispoñibilidade de praza.
No caso de producirse vacantes durante o curso 2026-2027, estas cubriranse
seguindo a rigorosa orde de solicitude establecida na lista de agarda.
Non estará permitida a reserva de praza.

10. Determinación da participación no custo do servizo.
10.1 Persoas beneficiarias habituais: aquelas que fagan uso do servizo de maneira
continuada deberán participar no custo do mesmo conforme ás contías que se
establezan no documento Anexo II.
10.2 Persoas beneficiarias non habituais: Consideraranse persoas beneficiarias non habituais aquelas que utilicen o servizo de forma puntual nun día concreto e de xeito xustificado, tal como se establece no punto 2 deste documento.
As tarifas aplicables para o uso puntual do servizo de aula de espera serán as
seguintes:
– 4 euros no caso de utilizar o servizo de conciliación e o servizo de almorzo.
– 3 euros no caso de utilizar exclusivamente o servizo de conciliación, sen
incluír o almorzo.
O pagamento da taxa efectuarase en efectivo á persoa responsable do servizo no
momento da prestación do mesmo.

11. Pagamento.
O devengo da taxa realizarase de forma mensual, mediante domiciliación bancaria.
Os recibos emitirase por mensualidades completas. No caso de que a asistencia
dun/a menor se restrinxa a 11 días hábiles ou menos durante un mes, aplicarase o
cobro proporcional correspondente a medio mes.

12. Revogación do servizo.
Perderá a condición de persoa beneficiaria do servizo aquel ou aquela que incorra
nalgunha das seguintes situacións:
a) Falta de pago de dúas mensualidades consecutivas.
b) Renuncia expresa e comunicada por escrito por parte do beneficiario ou
beneficiaria.
c) Incumprimento das normas de funcionamento establecidas para o servizo.
d)Acumulación de máis dun mes de ausencia inxustificada.

13. Organiza.
O servizo de conciliación Aula de Espera estará organizado e xestionado polo
Concello de Allariz. Concellería de Benestar Social.
Teléfono de información: 988 55 40 59.

14. Información adicional.
O horario do servizo de aula de espera será de 7:30 a 9:15 horas.
A utilización do servizo de conciliación implicará a aceptación expresa do presente documento.
O Concello de Allariz resérvase o dereito de introducir os cambios que considere
necesarios para garantir o correcto funcionamento do programa de aula de espera. 

Concello de Allariz
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.