Prazo de presentación de solicitudes será
a partir do día 8 de abril de 2024 ata esgotar prazas.
SERVIZO COMPLEMENTARIO DE CONCILIACIÓN AULA DE ESPERA
1. Obxecto
A aula de espera é una iniciativa de atención á infancia que ofrece aos pais e nais dos escolares a posibilidade de deixalos no centro con anterioridade ao inicio das clases, onde ademais poderán almorzar e participar en actividades.
Este proxecto nace da necesidade que algunhas familias precisan para atenderen os seus fillos e fillas durante o período de tempo comprendido entre a incorporación ao seu traballo ata a entrada dos nenos e nenas ao colexio.
2. Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias deste servizo aquelas persoas que teñan nenos e nenas escolarizados no CEIP Padre Feijoo de Allariz, durante o período escolar comprendido entre 4º de educación Infantil e 6º de educación primaria.
Distiguíndose dos tipos de beneficiarios:
a) Habituais: aquelas persoas que fagan uso do servizo con carácter continuado.
b) Non habituais: aquelas persoas que fagan uso de servizo como día solto de xeito xustificado.
3. Requisitos
1. Que o/a neno/a e algún dos proxenitores estén empadroados no Concello de Allariz.
2. Que as persoas proxenitoras que estén realizando unha actividade laboral ou profesional remunerada ou cursen estudos, xustifiquen a imposibilidade de atender aos seus fillos/as no horario establecido para a prestación do servizo.
3. Que as persoas proxenitoras que estén de baixa por enfermidade, xustifiquen a imposibilidade de atender aos seus fillos/as no horario establecido para a prestación do servizo.
4. Solicitudes
A solicitude para os beneficiarios habituais, formalizarase no formulario normalizado que figura como anexo I , e que estará dispoñible nas dependencias dos Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Allariz, ou na web do Concello de Allariz, www.allariz.gal.
5. Documentación complementaria necesaria para a tramitación da solicitude.
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Anexo II, debidamente cuberto e asinado, no caso de neno/a de Educación Infantil.
b) Copia da sentenza de nulidade, separación ou divorcio; ou da resolución xudicial que estableza as medidas paternofiliais dos fillos e fillas comúns nas unións de feito e /ou do convenio regulador, de ser o caso.
c) Certificado de monoparentalidade expedido pola Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social, de ser o caso.
d) Copia da Declaración da renda das persoas físicas do exercicio anterior a data da solicitude, que compoñan a unidade familiar.
e) Certificado de retencións do exercicio anterior a data da solicitude, no caso de non presentar a Declaración da renda.
f) Certificado de traballo que xustifique a incompatibilidade horaria, no caso de traballadores/as por conta allea.
g) Copia do Certificado de alta no Réxime Especial de Traballadores por conta propia ou Autónomo, de ser o caso.
h) Copia do Título de Familia numerosa expedido por la Administración competente, de ser o caso.
2. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten.
6. Lugar e prazo para a presentación das solicitudes.
1. O prazo de presentación de solicitudes será a partir do día 8 de abril de 2024, e permanecerá aberto ata rematar o curso escolar 2024-2025, sempre e cando o número de nenos/as usuarios/as do servizo non superen as corenta (40) prazas.
2. Segundo o artigo 16/4 da Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común das Adminstracións Públicas, as solicitudes poderán presentarse a través da sede electrónica do Concello de Allariz, ou presencialmente nas dependencias dos Servizo Sociais Comunitarios – Fogar dos Maiores do Concello de Allariz.
7. Determinación da participación no custo do servizo.
a) Beneficiarios/as habituais
* Tarifas aplicables segundo a renda per cápita.
*Reducións aplicables:
-Familia numerosa: 10% de desconto sobre a mensualidade
-Familia monoparental: 10% de desconto sobre a mensualidade
-Irmáns no servizo: 10% de desconto sobre a mensualidade
*O devengo da tasa efectuarase a través de domiciliación bancaria.
b) Beneficiarios/as non habituais
* Tarifa de 4 euros con almorzo e 3 euros sen almorzos.
* O devengo da tasa efectuarase en efectivo á persoa responsable do servizo.
8. Revogación do servizo.
Perderase a condición de beneficiario/a:
a) Por falta de pago de duas mensualidades consecutivas.
b) Por renuncia do beneficiario/a comunicada por escrito.
c) Por incumprimento das normas que establece o servizo.