Allariz é un Concello que realizou unha transformación moi positiva pondo en valor os seus recursos convirtíndose nun referente en política de urbanismo e vivenda coa recuperación do seu Conxunto Histórico e a oferta de calidade de vida, en políticas de desenvolvemento económico con proxectos de dinamización rural, en políticas de medio ambiente coa recuperación das ribeiras do Arnoia e en políticas socio-culturais coa rede de ecomuseos e a valorización da nosa historia e tradiccións. Diferentes recoñecementos internacionais avalan este exemplo de xestión e boas prácticas.

O nome do noso Concello está hoxe asociado a historia, arte e tradición pero tamén a progreso e desenvolvemento. A utilización das novas tecnoloxías da información co obxectivo de facilitar aos veciños o seu contacto coa administración municipal é un exemplo. Esta páxina Web oficial do Concello de Allariz créase para dispor dun valioso instrumento informativo que potencie a participación e a transparencia respecto dos diferentes ámbitos da vida municipal. A posibilidade de acceso á información e comunicación neste novo soporte así como a potencialidade de divulgación da nosa realidade e actividade municipal son un novo reto que adquirimos para completar as canles de comunicación tradicionais.

Sexan benvidos á páxina do Concello de Allariz, utilicen os seus servizos, descubran nela a vitalidade do noso Concello e non dubiden en trasladarnos todas as súas suxestións e opinións.

María Cristina Cid Fernández
Alcaldesa de Allariz

Fala coa Alcaldesa

Estimado veciñ@ ou usuari@, pode remitir un email directamente á alcaldia mediante o enderezo alcaldia@allariz.com, ou tamén podes empregar o formulario de consultas indicando no asunto “Atención da Alcaldía”

É importante que nos deixes un enderezo de correo electrónico ou ben o teléfono para poder, así, comunicarche a miña resposta.

Gracias de antemán por usar este servizo.

Servizo de Consultas