PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
DO 14 AO 24 DE MAIO DE 2024

BASES REGULADORAS SERVIZO COMPLEMENTARIO DE CONCILIACIÓN CONCILIA VERÁN.

Artigo 1. Obxecto

Concilia Verán, é unha iniciativa de atención á infancia que ofrece aos pais e nais a posibilidade de que os seus fillos e fillas ao longo das vacacións de verán: xullo e agosto, poidan optar a esta proposta de conciliación que se pon en marcha dende o Concello de Allariz.

O obxectivo principal deste programa é o goce no tempo vacacional, dos e das participantes,no que tanto as actividades programadas, como as propostas propicien un ambiente de confianza no que todos e todas poidan vivir unha experiencia enriquecedora fóra o seu entorno cotiá. Fomentaranse habilidades, a convivencia , a cooperación, o respecto e promoveranse valores positivos nun entorno lúdico e educativo.

Artigo 2. Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias deste servizo aquelas persoas que teñan nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 10 anos ( 4º Educación Infantil – 5º Educación Primaria) e que nas quendas que soliciten o servizo non gocen de vacacións.

Artigo 3. Requisitos

a. Que o/a neno/a e algún dos proxenitores estean empadroados no Concello de Allariz.

b. Que as persoas proxenitoras que estean realizando unha actividade laboral ou profesional remunerada ou cursen estudos, xustifiquen a imposibilidade de atender aos seus fillos/as no horario establecido para a prestación do servizo.

c. Que as persoas proxenitoras que estean de baixa por enfermidade ou maternidade, xustifiquen a

imposibilidade de atender aos seus fillos/as no horario establecido para a prestación do servizo.

d. Que o/a neno/a está en situación de vulnerabilidade, xustificada con Informe dos Servizos Sociais do Concello de Allariz.

Artigo 4. Número de prazas e quendas

4.1 Ofértanse 65 prazas por quenda.

4.2 Quendas:

• 1º quincena de xullo (1 a 12 de xullo)

• 2º quincena de xullo (15 a 31 de xullo, agás o día 25 por ser festivo autonómico)

• 1º quincena de agosto ( 1 a 14 de agosto, agás o día 15 por ser festivo)

• 2º quincena de agosto (16 a 30 de agosto)

4.3 Os/as solicitantes poderán participar en 3 quendas como máximo (débese ter en conta que todos os nenos e nenas deben descansar cando menos 15 días).

Artigo 5. Solicitudes

A solicitude para os beneficiarios formalizarase no formulario normalizado que figura como “Solicitude Concilia Verán”, e que estará dispoñible nas dependencias dos Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Allariz, na web do Concello de Allariz, www.allariz.gal ou na sede electrónica https://allariz.sedelectronica.gal/.

Artigo 6. Documentación complementaria necesaria para a tramitación da solicitude.

6.1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Fotocopia do DNI do/a pai/nai ou titor legal.

b) Copia da sentenza de nulidade, separación ou divorcio; ou da resolución xudicial que estableza as

medidas paternofiliais dos fillos e fillas comúns nas unións de feito e /ou do convenio regulador, de ser o caso.

c) Certificado de monoparentalidade expedido pola Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social, de ser o caso.

d) Copia da Declaración da renda das persoas físicas do exercicio 2022, que compoñan a unidade familiar.

e) Copia do Certificado de Retencións do ano 2022, no caso de non presentar a Declaración da renda.

f) Certificado de traballo que xustifique a situación laboral do pai e a nai dos meses de xullo e agosto, no caso de traballadores por conta allea. (Especificando o tempo de goce das vacacións).

g) Copia do Certificado de alta no Réxime Especial de Traballadores por conta propia ou Autónomo, de ser o caso, e terán que aportar os recibos de autónomos dos meses que precisen o servizo.

h) Copia do Título de Familia numerosa expedido por la Administración competente, de ser o caso.

I) Informes médicos das persoas proxenitoras que estean de baixa por enfermidade ou maternidade, que xustifiquen a imposibilidade de atender aos seus fillos/as.

J) Comprobación de datos:O Certificado de empadroamento conxunto da unidade familiar será obxecto de consulta pola administración pública.

6.2. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten.

Artigo 7. Lugar para a presentación das solicitudes

Segundo o artigo 16/4 da Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, as solicitudes poderán presentarse a través da sede electrónica do Concello de Allariz, ou presencialmente nas dependencias dos Servizos Sociais Comunitarios-Fogar dos Maiores do Concello de Allariz.

Artigo 8. Prazos.

• O prazo de presentación das solicitudes será do 14 de maio ata 24 de maio ámbolos dous incluídos.

Fora de prazo aceptaranse solicitudes de novo ingreso no servizo cando existan circunstancias sociofamiliares especiais, debidamente xustificadas.

*Poderán realizarse cambios de quenda ou modificacións de horarios ou servizos extraordinarios solicitados, cando o programa xa está en funcionamento sempre e cando exista a dispoñibilidade nas mesmas condicións do cambio.

Listado provisional de admitidos/as: publicarase o día 30 de maio. (Non aparecerá relación de datos persoais , cada solicitude identificarase/ figurará co número de rexistro de entrada de dita solicitude).

Listado definitivo de admintidos e admitidas publicarase na páxina web do Concello de Allariz www.allariz.gal o día 7 de Xuño 2024.

• Os/as solicitantes non admitidos pasarán a formar parte dunha listaxe de agarda.

Artigo 9. Procedemento de concesión de prazas.

1. A concesión de prazas efectuarase entre as solicitudes presentadas que reúnan os requisitos

establecidos no artigo 3.

2. No caso de que o número de solicitudes sexa superior as (65) prazas ofertadas por quendas ,

realizaranse a comparación e prelación das mesmas segundo o seguinte criterio: * Capacidade económica

da unidade familiar (priorizando as familias cuxa renda per cápita sexa menor).

Artigo 10. Determinación da participación no custo do servizo.

* TAXAS aplicables segundo a renda per cápita.

* Non se aplica desconto no servizo de xantar.

* Reducións aplicables:

-Familia numerosa: 10% de desconto sobre a mensualidade.

-Familia monoparental: 10% de desconto sobre a mensualidade.

-Irmáns no servizo: 10% de desconto sobre a mensualidade.

Artigo 11: Pagamento.

*O devengo da taxa efectuarase a través de domiciliación bancaria trala publicación da listaxe definitiva de admitidos. (Pagamento entre o 10 e o 14 de xuño) .

* Os recibos serán mensuais ou quincenais (pago anticipado) , é dicir, se se asiste ao Concilia Verán unha ou dúas semanas abonaríase unha quincena, e se se asiste máis de dúas semanas abonaríase mes completo. Para o pagamento de quincena, teranse en conta as semanas dentro do mesmo mes.

Artigo 12. Revogación do servizo.

Perderase a condición de beneficiario/a:

a) Por falta de pago.

b) Por renuncia do beneficiario/a comunicada por escrito.

c) Por incumprimento das normas que establece o servizo.

Artigo 13. Organiza

Concello de Allariz. Concellería de Benestar Social Teléfono de información: 988 55 40 59

Artigo 14. Información adicional.

Horario do servizo de conciliación concilia verán: 8:00h. a 15:00 h .

A hora de entrada máxima será ata as 9:30h. e a hora de saída realizaranse a partir das 13:30h. para evitar interromper o desenvolvemento das actividades.

A participación no programa de conciliación Concilia Verán suporá o cumprimento e aceptación das presentes bases. O Concello de Allariz resérvase o dereito a realizar os cambios oportunos que poida considerar precisos para o correcto funcionamento do programa Concilia Verán.

Formularios

Formulario Concilia Verán (Solicitude e Anexo)
Formulario Orden Domiciliación SEPA
Formulario Renuncia Concilia Verán