O Concello de Allariz renovou o seu alumeado público nas zonas de Emilia Pardo Bazán, Camiño dos Caños, Camiño Vello de Roiriz, Pombal Emilia Pardo Bazán 2, Oficina Turismo e Roimelo, incorporando novas luminarias LED

O Concello de Allariz substituíu 307 luminarias de alumeado público por novas luminarias de tecnoloxía LED. Con esta actuación, levada a cabo entre os meses de abril e maio de 2021, o aforro enerxético supera o 80%. Deste xeito, este concello dá un paso máis a prol da eficiencia enerxética.

O obxectivo do proxecto era mellorar a eficiencia enerxética no alumeado público de Allariz e reducir o consumo de enerxía, mellorando a súa vez o actual estado de dita iluminación, garantindo tamén a seguridade e o benestar dos veciños. Nesta liña renováronse tres centros de mando e adaptáronse outros dous.

Ditos cambios realizáronse en diversos puntos do municipio: Emilia Pardo Bazán, Camiño dos Caños, Camiño Vello de Roiriz, Pombal Emilia Pardo Bazán 2, Oficina Turismo e Roimelo.

O Concello aborda esta primeira fase de mellora a renovación do alumeado público do municipio, que ao necesitar menos potencia (redúcese en máis dun 80% o consumo de enerxía), conseguirá tamén un importante aforro económico.

Redución do impacto medioambiental

Ademais do aforro económico, o Concello de Allariz tamén pretende diminuír o impacto medioambiental xerando polo consumo de enerxía das súas instalacións, dando así un paso cara unha enerxía máis sostible.

O orzamento destinado a realizar as melloras foi dun total de 114.687,99€ e foi cofinanciado con fondos FEDER xestionados polo Instituto para a Diversificación e o Aforro da Enerxía (IDAE) nun 80%. O Concello e a Deputación aportaron o 20% restante, pero co aforro enerxético e económico que terá lugar cos cambios das luminarias, prevese amortizar o investimento nun período moi curto.

INVERSIÓN REALIZADA: 114.687,99€

AXUDA OBTIDA: 91.750,39 €