O Concello de Allariz desenvolve o Plan de Acción para o Clima e a enerxía sostible (PACES) dentro ORDE do 5 de maio de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais asinantes do Pacto dos alcaldes para o clima e a enerxía sustentable, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria, en réxime de concorrencia non competitiva, para o ano 2020 (código de procedemento MT210A).

O Concello de Allariz desenvolve o Plan de Acción para o Clima e a enerxía sostible (PACES) co fin de acadar os seguintes obxectivos:

  • Elaborar un inventario de emisións do concello de Allariz, para os efectos de obter un diagnóstico de referencia das emisións de GEI (Gases de Efecto Invernadoiro) resultantes do consumo de enerxía.
  • Definir accións de minimización con fin de aumentar a eficiencia enerxética e diminuír o consumo de enerxía no Concello, e, por conseguinte, que procuren diminuír as emisións de GEI e melloren a calidade do aire do territorio

Este proxecto está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020 e conta cunha axuda de 6.000 €.

Os concellos adheridos ao Pacto Europeo das Alcaldías para o Clima e a Enerxía adquiren o compromiso de reducir os gases de efecto invernadoiro ao menos un 40% para o ano 2030, e para conseguilo deben articular un planeamento común que potencie, por un lado, a mitigación, e, por outra banda, que fomente a adaptación ao cambio climático. Estas, son estratexias complementarias para xestionar e reducir os riscos do cambio climático.

O Pacto Europeo das Alcaldías para o Clima e a Enerxía é unha iniciativa europea que nace no 2008, á cal se suman voluntariamente gobernos locais e rexionais, adquirindo mediante a súa adhesión ao pacto, uns compromisos en materia de clima e enerxía comúns a toda a UE para aplicalos ao seu territorio.