O Concello desenvolveu o proxecto Os oficios na ruta da prata: cestería e curtición por un importe global de 9.140,12 euros. O proxecto contou cunha financiación de 1.357,79 euros por parte da Deputación Provincial de Ourense, con cargo á convocatoria de concurso público para a concesión de subvencións a concellos para a organización de actividades culturais e recreativas correspondentes ao exercicio 2019.

O proxecto Os oficios na ruta da prata: cestería e curtición incluíu o desenvolvemento das Xornadas dos oficios do coiro no mes de maio en Allariz e o Encontro de cestería no pobo de Santa Mariña de Augas Santas no mes de agosto.