O proxecto de Renovación e acondicionamento do Parque Infantil de Vilanova inclúese dentro do programa de humanizacións de espazos públicos do Concello de Allariz, encamiñada á mellora da seguridade dos seus parques, a súa conservación, accesibilidade e renovación con adquisición de novos xogos.

O proxecto aprobado e cofinanciado pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, ao abeiro da ORDE do 5 de marzo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas á creación ou mellora de infraestruturas nos concellos de Galicia con poboación inferior a 20.000 habitantes, para o ano 2021 (código de procedemento MT300A) desenvolveuse en dúas anualidades, rematándose en outubro de 2022 o 100% da actuación.

O orzamento global do proxecto foi de 48.142,74 €, e contou cunha axuda do 70%, segundo a resolución da Dirección Xeral Ordenación do Territorio e Urbanismo do 30/04/2021 por un importe de 33.699,92 €.