O Concello de Allariz desenvolve o proxecto Servizo RE (Reinicia, Reduce, Reutiliza e Recicla) dentro do ORDE do 5 de maio de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para os anos 2020-2021 (código de procedemento MT975I).

O Concello de Allariz desenvolve o proxecto Servizo RE (Reinicia, Reduce, Reutiliza e Recicla) dentro da lIña 2: actuacións destinadas á prevención, recollida separada e valorización dos biorresiduos destinadas ao fomento da compostaxe in situ.

Este proxecto está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020 e conta cunha axuda de 41.471,50 €.