Que é a Tarxeta de Cidadanía
É una tarxeta identificativa para as persoas empadroadas no concello.
É de uso persoal e intransferible pola que se acede de xeito gratuíto, ou con descontos, a distintos servizos municipais.
Para os veciños/as
Os veciños e veciñas poderán utilizar a tarxeta de cidadanía nos seguintes servizos:
- Aceso gratuíto aos Museos (Museo da Moda, Museo Galego do Xoguete e Museo do Coiro)
- Aceso gratuíto ao Festival Internacional de Xardíns
- Descontos en actividades organizadas polo Concello de Allariz (indicados en cada actividade)
Para o Comercio Local
Esta tarxeta pode ser unha ferramenta sinxela de fidelización de clientes, permitindo ao comercio local realizar accións promocionais.
Como solicitar a tarxeta de cidadanía
Beneficiarios:
- Todas as persoas empadroadas no Concello de Allariz.
Solicitude:
- Cubrir Formulario de solicitude
- Xuntar unha fotografía tamaño carné
- Entregar formulario e fotografía nas oficinas do Concello de Allariz
Oficina do Padrón do Concello de Allariz
Casa do Concello
Praza Maior 1
32660 Allariz (Ourense)
Tel. 988 440 001