Allariz adhírese á Rede de Cidades que Camiñan

O Concello de Allariz reafirma o seu compromiso coa mobilidade urbana sostible cunha alianza que permitirá a elaboración de proxectos como o do metrominuto.

O Concello de Allariz vén de adherirse á Rede de Cidades que Camiñan, unha asociación internacional sen ánimo de lucro aberta a entidades locais e outras administracións públicas, centrada en despregar políticas de mobilidade urbana nas que as persoas peonais sexan as protagonistas. Dentro desta perspectiva encádrase o concepto de “camiñabilidade”, entendido como a capacidade da poboación para se desprazar a pé polos diferentes espazos do territorio, poñendo o foco, por tanto, na accesibilidade e na seguridade dos vieiros municipais.

Un dos proxectos centrais que se levarán a cabo grazas á participación de Allariz na Rede será a elaboración dun metrominuto. Trátase dun mapa deseñado cos elementos visuais dos planos de metro, mais adaptado á realidade do noso concello. Así, o mapa inclúe lugares de referencia do casco urbano, así como a distancia e o tempo aproximado que se tarda en chegar a eles camiñando.

Alén do metrominuto, a adhesión á Rede de Cidades que Camiñan supón outros beneficios para Allariz derivados dos servizos que ofrece a propia Rede. Entre eles destacan o asesoramento técnico, a realización de actividades formativas e a difusión de boas prácticas en mobilidade urbana por parte das entidades membro desta asociación internacional.

A incorporación á Rede de Cidades que Camiñan reafirma o compromiso do Concello de Allariz coa mobilidade urbana sostible e coa mellora da calidade de vida da veciñanza, fortalecendo un modelo de desenvolvemento urbano amable coas persoas peonais e baseado nunha perspectiva de proximidade.

Concello de Allariz
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.