Allariz celebra as Letras Galegas con concertos na rúa e teatro para a cativada.

A alcaldesa de Allariz, Cristina Cid, acompañada pola representación das concellerías de Cultura e Mocidade, Alberto Conde e Iago Santás, presentou esta mañá a programación oficial para festexar o Día das Letras Galegas 2026. Baixo o lema «Benvida Letras Galegas!», a vila súmase á celebración da figura de Begoña Caamaño, a escritora e xornalista á que se lle dedica esta edición, cunha oferta que combina o talento local e o fomento da lectura.

Xoves, 14 de maio: Actividade previa na Biblioteca
Como antesala das grandes celebracións na rúa, a programación arrancará o xoves 14 de maio ás 20:30h na Biblioteca Municipal. O xornalista e escritor Javier Fraiz presentará o seu libro Amar Azar, nun acto no que contará co acompañamento de Fernando Varela. Esta cita literaria servirá de prólogo para a fin de semana dedicada á nosa lingua.

Venres, 15 de maio: Talento local e ritmo na Praza Maior
As actividades na rúa darán comezo o 15 de maio ás 20:30h na Praza Maior cunha xornada que celebra a vitalidade da nosa cultura e da mocidade:

Aviso: as actividades programadas para o venres 15 cambian de localización por mor do tempo a Casa da Mocidade. O concerto de Bule queda adiado, pronto diremos a nova data.

  • Actuación do alumnado da Escola de Música Tradicional.
  • Concerto do alumnado de Combo: Música Moderna.
  • Peche da noite co grupo de PunkPop de Pontedeume, Bule. ADIADO POLO TEMPO

Domingo, 17 de maio: Letras, música e público familiar na Alameda
O día grande, o 17 de maio, a actividade trasladarase á Alameda para reivindicar o legado literario en galego e a importancia da palabra:

13:00h: Concerto da Banda Unión Musical de Allariz.

19:00h: Dentro do programa «Ler conta moito», música familiar con «Cantamos con Luis».

Dende o consistorio destacouse que esta programación busca conectar a todas as xeracións coa nosa lingua, rendendo tributo a unha autora que, como Begoña Caamaño, destacou pola súa calidade literaria e o seu compromiso co xornalismo e o feminismo.

O Concello de Allariz convida á veciñanza e visitantes a saír á rúa e participar nunha programación que celebra a vixencia e o futuro da nosa lingua.

Concello de Allariz
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.