Allariz dá xaque: o xadrez convértese no protagonista dunha xornada de convivencia, música e diversión

Concello de Allariz, a través da súa Área de Mocidade, organiza o Campionato Amateur de Xadrez “Allariz dá Xaque”, que terá lugar o sábado 1 de xuño a partir das 10:00 horas no Camping Hípica de Allariz.

A proposta vai máis alá da competición deportiva e preséntase como unha xornada para compartir en comunidade. O evento combinará o xadrez cunha ampla oferta de actividades complementarias, como música en directo, chocolatada, merenda e concerto, dirixidas a participantes e acompañantes de todas as idades.

A inscrición, cun custo de 10 euros, inclúe tanto a participación no torneo como o acceso ás demais actividades. O prazo para anotarse estará aberto ata o 20 de maio, enviando un correo a xadrez@allariz.gal

Con esta iniciativa, a Área de Mocidade busca fomentar o pensamento estratéxico, o lecer saudable e a convivencia interxeracional, situando o xadrez como ferramenta de encontro e participación activa.

Concello de Allariz
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.